martes, 21 de abril de 2009

Dende Galicia

GALICIA FALOU
Galicia falou. E falou maioritariamente. Endexamais se recorda tanta afluencia ás furnas. E Galicia votou contra o sistema. Contra os que se fartaron de acusar ao PP de que eran uns caciques. De que facian e desfacian ao seu antoxo.
Pois ben, o PSOE galego liderado per Pérez Touriño, un político gris. Un político de segunda fila, e que ao se encontrar con poder nas súas mans -non con todo, pois tíña que repartir con BNG-, creeuse o “rey” do mundo mundial. Non fixo política social. Foi un “meco” nas mans do BNG. ¡Ah!, mais, asemade de non facer “socialismo”, rodeouse de aduladores.
Mercou nos derradeiros tempos un coche que costou oitenta millóns das vellas pesetas. Fixo un despacho tuneado que costou doscentos mil éuros. Unhas sillas que costaban cada unha más de dous mil euros. Carecía –e carece- de carisma. Máis que un presidente triste foi un tríste presidente, co que non despachaban os conselleiros do Bloque Nacionalista, soportando, distes, reproches un dia sí e outro tamén.
Anxo Quintana foi unha marioneta nas mans de UPG (Unión do Povo Galego) -comunista-. Outro que ben bailou sen denunciar ante Touriño o despilfarro dos cartos do galegos. Quintana impuxo un “galego” de laboratorio, moi lonxe do que o pobo o que dicían defender, e cabreando a moita xente –Galicia bilingüe- e levando as galescolas e aos colexios a imposición dun idioma que no non entendían os que o conservaron ao traveso dos séculos: o pobo liso e llano.
Logo de se fartar o Bloque de lle chamar caciques aos do PP, na campaña electoral, por pór un exemplo, “secruestou” a dous autobuses de galegos, que pagaron doce euros cada un por ir de viaxe a Portugal, e os que “vaciaron” nun restaurante onde o Quintana de marras soltoulle un mitin.
Tanto o PSOE como BNG, dábanlle cartos aos xornáis con propaganda “institucional” do que non facían, pra así telos caladitos. ¡”Joder, vaia tropa”! que dixera Romanones. Prepotentes eles, como endexamais comeran quente…, ollábanos á ciudadania como se fóramos vasaios.
A todo isto o PP agardaba e denunciaba e “chegou o momento”, e eí están os resultados electoirais. Claro que como dixera o inefable Alfonso Guerra -outro que ben baila, ¡e cómo baila!- “El Pueblo también se equivoca”, cando perderon as eleccións xerais con Felipe González o do Gal, Filesa, Matesa, etc., etc.
Galicia despertou do seu sono e puxo na rúa a esta tropa impresentable. M. R. N.

No hay comentarios:

Publicar un comentario