O meu amigo Moncho dixéramo varias veces, que na cidade de Vilagarcía, terceira en importancia de Pontevedra, houbo un xornal carlista no XIX. Dubidei dabondo, pero o traballo posterior lle dou a razón, no 1897 editouse na devandita vila EL HERALDO DE VILLAGARCÍA. O curioso da súa aparición deriva de que a cidade non foi nunca un foco carlista, aínda máis, as milicias da zona perseguiron con saña ás partidas carlistas por todo o val do Salnés, a cambio de recibir beneficios económicos e sociais, nunca época en que o rural galego dependía dos foreros, nobres, fidalgos e caciques de novo cuño. Era verdade, en Vilagarcía existira un xornal fundado e dirixido polo periodista e profesor de francés Hermenegildo Carrete e que polemizou fortemente con outros da vila, exercendo un carlismo sen disfraz e consecuente en toda súa andaina periodística.
Pero a historia da prensa carlista en Galicia non é tan doada, de feito non existen monografías cun estudo de fondo, e para atopar as publicacións debemos albiscar en traballos de diversos tipos, ás veces contraditorios.
A partir de 1833, e a pesar dos cambios políticos registrados, os diferentes decretos e leis que tentaron regular a liberdade de prensa presentaron un criterio restrictivo: altas cantidades de depósito previo, xurados especiais, censura, tipificación de delitos, de imprenta, etc. O carlismo nesta etapa non conta con periódicos propiamente ditos, nin con imprenta. A propaganda faise a base de bandos e proclamas, boletíns religiosos e púlpitos de igrexas, copia de documentos doutros puntos carlistas de España, mesmo a censura eclesiástica era máis doada para este tipo de comunicacións, xa que logo parte da xerarquía eclesiástica era proclive ao carlismo, polo tanto, é un camiño feito con formato adaptado ás circunstancias do pobo.
Temos que agardar ao 1868, aproveitando a liberdade prensa, para observar unha gran actividade de xornáis, revistas e folletos carlistas. En xeral tómase como primeiros xornais carlistas a LA JUVENTUD CATÓLICA, no Ferrol e EL ECO DE LA VERDAD de Santiago, ambos e dous aparecidos nese mesmo ano e con aparente neutralidade política, católicos, pero chegado o momento se amosaron plenamente carlistas., tanto en ideas, en economía e nos equipos de redacción. En todas as vilas importantes sairon publicacións de carácter carlista ( LA CRUZ DE SANTIAGO e EL COMPOSTELANO ambos de Ferrol, LA NACIONALIDAD de Ourense) , tradicionalista (LA REFORMA de Ferrol, LA FE de Lugo, LA LEALTAD GALLEGA de Pontevedra ou LA ESPERANZA de Vigo) ou xaimistas (EL PROGRESO ou EL REQUETE, da Coruña, EL PENSAMIENTO GALLEGO, de Ferrol ou EL RADICAL de Ourense), denominacións usadas, ás veces, para as mesmas publicacións por investigadores do tema.
A curta temporalidade foi outra das características desta prensa, ora por xurdir motivado por unha polémica puntual, ora por ser ideado por unha persoa sen moita idea de mercado ou non ter ben claro a que sector de pobo iría: LA JUVENTUD CATÓLICA, de Betanzos, só salíu un ano; o mesmo tempo durou EL ECO DE LA VERDAD, de Santiago, EL CATÓLICO e LA PATRIA de Ferrol ou LA LEALTAD GALLEGA de Pontevedra aparecido e desaparecido no mesmo ano 1895. Algunhas veces o xornal desaparecía e volvía á rúa co mesmo título, na mesma ou diferente localidade (EL LIBREDÓN de Ferrol que sustitúe a EL PORVENIR; EL REQUETE de Lugo en lugar do que tiña o mesmo nome da Coruña; EL CRITERIO GALLEGO en lugar de EL CRITERIO en Pontevedra.
Os xornáis carlistas non só serviron para informar da realidade política, social e de loitas no seu tempo, tamén por eles desfilaron eminentes personaxes que foron deixando fermosas aportacións políticas, agrarias, de formación territorial, etc, foron periodistas e profesores de universidade como Jamardo, Mella, Arán, Brañas, Cabeza de León, Barcia Caballero ou Ricardo Martínez ou grandes literatos que presentaron nas publicacións carlistas algunhas das súas máis importantes obras, en forma de folletos (López Ferreiro, Valle Inclán ou Pardo Bazán).
Contamos con máis de 50 xornais, semanarios, revistas, publicacións mensuais ou trimestrais, de variada tipoloxía periodística, pero outros non exactamente carlistas, de carácter carácter agrario, rexionalista, federal ou mesmo nacionalista contaron entre seus equipos de redacción con escritores, periodistas, políticos ou literatos carlistas (en A Monteira,1883 ou A Solidaridad colaboraron Brañas, Losada Dieguez, Valle Inclán, López Ferreiro, Delgado Luaces ou Teodosio Vesteiro).
O afan proselitista de moitos carlistas levounos a fundar e dirixir varios periódicos en diferentes lugares e colaborar ao mesmo tempo noutros medios escritos, con gran entusiasmo, pouco material e un grupo de colaboradores importantes no mundo da prensa galega (López Ferreiro, Toledo Quintela, , Rey Varela, Costas Márquez,…).
Como remate non quero deixar de referirme as dúas últimas publicacións periodísticas do carlismo galego, a primeira foi ADELANTE, como noticiario do Círculo Carlista de Pontevedra e a segunda CARLISMO HOXE, último periódico carlista en Galicia, fermosa aventura ideada , fundada e dirixida polo Secretario Xeral, Manolo Rego, cunha curta pero intensa vida, con intención de ser o nexo de unión co futuro de esperanza que agarda ao carlismo na terra galega.
Mario Gallego Rei

No hay comentarios:
Publicar un comentario