Don Ramón del Valle-Inclán dixera que era carlista por “ética e por estética”. Pois ben, hoxe na nosa Galicia, na clase chamada política no hai nin unha cousa ni a outra. Eu diría que eiquí o que hay –en liñas xerais- e un aproveitamento dun personal, que ao se sentar nas poltronas do poder esquécese do que dixera ou do que críticara cando estaba fora das poltronas.
Si ollamos ao Bloque nacionalista Galego (BNG), ollaremos que ¡quen os viu e quen os ve!. Aqueles aguerridos mozos que puñan a parir a dereita, tan pronto colleron a sartén polo mango e o mango tamén, esquecéronse do que habían dito e proclamado ós catro ventos. Convertíronse de seguido nuns burgueses que somentes se lle enche a boca de que “hai que facer Patria”, e o resto igual, igualito “que mi abuelito”. Bós coches, boa moqueta, bós soldos, e o pobo -que pasa de moitos deles- que se foda.
E que dicir do Partido Socialista Obrero Español, o PSOE. Outros que ben bailan. Subvencionar a os medios de comunicación, o BNG tamén, pra que non lles den caña, e amosen a súa incompetencia, a sua prepotencia, etc. etc. Son socialistos, federais (!), e medios pensionistas… Se erguera a cachola Pablo Iglesias, íaos a tanguer a paus.
Namentras a nosa Galicia pérdese en si chega o AVE. Que si vai a tardar dous anos, ¡que optimistas!, cinco ou dez. En facer festas aos vellos (Galicia ten o número máis alto de vellos de España), pra que comendo a esgalla, esquezan os problemas dos mais novos, que ou ben opositan a funcionarios, ou emigran cara outras terras más desenroladas das Españas…
A dereita, o Partido Popular, anda a mirar si nos comicios do ano que ven bota fora dos sillóns, que somentes gobernan por un deputado de mais.
Din que os pesimistas son os máis realistas. Eí nos xuntamos unha chea de paisanos que estamos da clase política ata o gorro. Unha clase política que como o título destas liñas sinala, non saben –non queren saber- o que e a ética a maila estética do sempre lembrado don Ramón María del Valle-Inclán, que Deus teña na gloria. Amén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario