miércoles, 25 de junio de 2008

EVARISTO MARTELO PAUMÁN: NOBRE, INTELECTUAL, CARLISTA.


Poucos nobres ingresaron nas filas carlistas entre as tres guerras do século XIX, sen embargo os que o fixeron fueron exemplo de entrega e lealdade, poñendo o mellor da súa persoa ao servizo da causa.

Entre este grupo da nobreza galega que, dende o primeiro momento da 3ª guerra estivo loitando ao servicio do carlismo atopamos ao coruñés Martelo Paumán (1853-1928), un dos grandes poetas modernistas de Galicia, donde viviu case toda a súa vida e da que foi concelleiro, marqués de Almeira e vizconde de Andeiro, descendente doutro gran intelectual e miliar galego, Paio Gómez Chariño.

Fillo do rexurdemento literario galego e cunha cultura pouco común entre a nobreza da época, fixo estudos navais na Coruña que abandonou polos de Dereito en Santiago. Membro activo da literaria “Cova Céltica” e colaborador da “Revista Gallega”. A talla acadada como persoeiro literario acarreoulle a amizade de intelectuais tan proxímos ao carlismo como Brañas ou tan contrarios como Curros Enriquez e Educardo Pondal compañeiros de tertulia e ideais literarios, cos que tivo moitas características en común de fidalgo idealista e algo anacrónico.

A obra de Paumán non é moi longa, está recollida en Líricas Gallegas e As toupas do Pindo, esta inédita e de carácter marcadamente satírico contra os que se dedican a estropear a lingua galega, da que foi un defensor e espallador durante toda súa vida, esta tema pola terra e a lingua galega ten súa mellor referencia na obra “Landras e Bayas”, en donde escribe un Himno militar galego, practicamente descoñecido en ámbitos carlistas e nunca usado, que se pode acompañar a ritmo de tambor. Esta composición poética publícase en A Coruña en 1907 e consta de seis estrofas, e na número cinco dí:

Bandeira santa do Sacramento
á quen divina non porás ley
cándo berramos con forte alento,
brandendo as fóuces Dios, patria é Rey?.

O entusiasmo patriótico de Martelo aparece desmerecido en ocasións por un tono coloquial, consecuencia da súa despreocupación pola forma, aínda que esta maneira de escribir lle presta ao seu traballo poético un certo encanto sicolóxico. En gran parte sa súa obra latexa un forte sentemento de amor a Galicia e lealdade ao carlismo que a pesares dos contínuos atrancos e reveses non desmaiou por un momento.

A Martelo Paumán debemos misturalo no grupo de intelectuais que ergueron ao carlismo galego ata as beiras do rexurdemento literario e orixe do agrarismo novedoso. A forza da súa obra literaria, da expresión oral netamente galega e carlista fan do noso poeta un exemplo de dedicación e traballo pola causa carlista no último tercio do XIX e primeiro do XX., de quen debiamos coñecer máis e mellor a vida e a obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario